DÁ A CARA COAS DEFENSORAS. DEFENDENNOS A TODAS

Durante anos, a Amazonia foi considerada unha despensa inesgotable: megaproxectos que desprazan a poboación; concesións madeireiras que aumentan a deforestación; minaría; incendios forestais, monocultivo…

Só no ano 2020, 237 persoas foron asasinadas por alzaren a voz en defensa da natureza. Moitas destas defensoras da nosa casa común son mulleres, na súa maioría indíxenas, que ademais dos asasinatos sofren outras moitas formas de violencia. Son perseguidas, discriminadas, maltratadas e violadas física e psicoloxicamente.

A través destas mulleres defensoras, descubrimos o vínculo entre os nosos estilos de vida e a deforestación e as violacións dos dereitos humanos na Amazonia.

Anitalia Pijachi

Líder indíxena do pobo Okaima.

Leticia – Kolonbia

Recoñece que o camiño non foi doado, pola discriminación e estigmatización á que se enfrontou por e para ser muller lideresa. Canda outras mulleres da súa comunidade, rompeu con eses discursos inxustos e desiguais, cargados de violencia, autoritarismo e desorde, e é agora cando sente gratitude por afirmar que “somos as mulleres as que lideramos o territorio”. É hora de ensinar ao mundo como a coidar a vida, como promover a humildade, como compartir e como promover unha cultura de paz.

“Ser muller e contribuír á defensa do Amazonas non é unha honra nin un privilexio, é un mandato”

“Debemos organizar a nosa vida en harmonía na Amazonia, valorar os seus recursos e ter en conta a súa sabedoría ancestral”

Teresa segue a loitar por esta riqueza como herdanza para as novas xeracións. Defende as tradicións do pobo warao, a súa lingua, a educación e a saúde. Son moitos os atrancos estruturais, pero para ela ser defensora significa seguir loitando polas causas dun pobo que precisa de ser defendido.

Teresa Farrera

 Defensor dos dereitos do pobo indíxena Warao.

Delta Amacuro, Venezuela

Iinvestigadora en temas indíxenas e ecoloxía na Fundación Centro Gumilla
Caracas, Venezuela.

A crise climática é unha crise dos coidados porque non están distribuídos con corresponsabilidade, non están distribuídos equitativamente

Máster en Estudos Amazónicos UNAL- Sede Amazonia.

Bogotá, Kolonbia.

A Amazonía é un bioma de importancia mundial, é algo que hai que coidar, porque é algo invaluable para a humanidade enteira.

Magdalena González

Misioneira da Madre Laura na defensa dos dereitos dos pobos indíxenas.

Leticia – Colombia

«A Amazonia é parte de nós e nós somos parte dela. A Amazonia é vida »

Dedicou a súa vida a buscar formas de axudar a aquelas persoas máis marxinadas pola sociedade, e denuncia que as persoas indíxenas e campesiñas que non teñen terra, non teñen vida: “o indíxena sen terra é coma un paxaro sen niño, e entón hai que loitar por ese niño”.

Denuncia que hoxe o Amazonas se enche de “colonos explotadores” que só ven a terra como diñeiro. Así, se a natureza está danada, afecta a vida das persoas. Por iso insiste en que “traballar pola defensa da natureza, coidala, tamén é traballar polas persoas, polos animais e pola vida”.

Como mulleres, como indíxenas e como defensoras, enfróntanse a un dobre reto: a loita pública por protexeren a súa terra e a súa identidade, e a loita, moitas veces invisible, para defender o seu dereito a manifestárense e participar dentro das súas comunidades e familias.

Agora tamén podes apoialas. Elas están a dar a cara por todas. Non lles deas ti as costas.

A túa colaboración destinarase a apoiar proxectos nas súas comunidades:

  • De formación e educación na rexión amazónica, que consideran
    os compoñentes de xénero, bilingüismo, interculturalidade e
    defensa do medio ambiente.
  • De promoción de medios de vida alternativos, adaptados ás
    poboacións indíxenas, cultura e forma de relacionarse co
    territorio e a natureza.
  • Da defensa dos seus dereitos, cultura, territorio e identidade.